Esperamos que este cambio sexa do agrado dos nosos clientes e amigos.
Un saudiño da dirección.
"Psique e Gaia. Gabinete de Psicoloxía" nace no ano 2009, na vila de Sigüeiro, para cubrir as necesidades no ámbito da psicoloxía que existían na área de influencia do concello Orosán. Dende entón, son xa moitos os veciños que teñen pasado pola nosa casa, facendo uso do que mellor sabemos facer: axudar ás persoas a atopar un camiño de saída.