¿Ónde estamos?

¿Ónde estamos?
Podes atoparnos nas instalacións de TodoSaúde Clínica Integral, na Rúa do Campo 19, baixo, SIGÜEIRO - OROSO (A Coruña)
[a 13 kilómetros de Santiago, ctra. da Coruña]

¿Cómo contactar con nós?
Para pedir cita ou solicitar información podes chamar ó teléfono 646.677.948

lunes, 16 de mayo de 2011


Esta celebración comezou en 1963 coa fin de homenaxear a aqueles que destacasen en Galicia pola súa produción literaria en galego así como polo seu defensa do noso idioma .

Cada ano adícase a unha personalidade diferente, e como único requisito que esixe a Real Academia Galega é que pasasen polo menos dez anos dende o seu falecemento. Este ano adícase a Lois Pereiro.
Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e falecido na Coruña o 24 de maio de 1996,1 foi un escritor e poeta español en lingua galega. No ano 2011 dedicáselle o Día das Letras Galega.

Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos.

Tras estudar Ciencias Políticas e Sociología en Madrid decide pasar unha tempada de novo en Monforte de Lemos e de aquí volverá a Madrid para estudar idiomas, fundando alí a revista Loia con Antón Patiño, Manuel Rivas e co seu irmán Jose Luís Pereiro.
Anos despues, xa na Coruña únese á revista A Naval, e participa en varias antoloxías como son: De amor e desamor (1984), De amor e desamor II (1985), e colabora tambien noutras revistas como son Trilateral, Anima + e Luces de Galicia.

En Luces de Galicia publicaría Lois o seu oito capítulos da súa novela curta Naufragos do Paraiso.

Traballou como tradutor de idiomas e de dobraxe de cinema

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal dá infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.

Respecto das causas da morte de Pereiro, a pesar de padecer sida, foron un cúmulo de enfermidades que terminaron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e de acordo cunha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, tras un preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo da súa morte foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado

Obra:
  • Poemas 1981/1991 (1992)
  • Poesía última de amor e enfermidade (1995)
  • Poemas para unha Loia (1997)
  • Conversa ultramarina (2010)
  • Náufragos do Paradiso (2011)
  • Antoloxía (2011)
  • Modesta proposición e outros ensaios (2011)
  • Obra poética completa (2011)
  • Obra completa (edición bilingüe) (2011)

sábado, 7 de mayo de 2011

CANTAR E XOGAR

CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical que propón utilizar as cancións de sempre e o movemento para estimular a imaxinación, a fantasía, a psicomotricidade, o mundo afectivo e as relacións sociais, e ó mesmo tempo permitir ós adultos achegarse ós nenos, reir e desfrutar das cancións da súa infancia

Cantar e Xogar de xeito divertido e visualmente impactante, permite ós nenos e nenas educar o oido, desevolver o sentido rítmico, a voz, o movemento, o xesto e a expresión corporal, incrementando a confianza en si mesmos, a autoestima e o benestar persoal.

viernes, 6 de mayo de 2011

¡ESTAMOS EN FESTAS!


Hoxe comeza a Festa da Troita en Sigüeiro. É unha boa oportunidade para desfrutar en familia das posibilidades que nos oferta Sigüeiro na súa festa mais querida. Esperamos que todos o disfrutedes.
Un saudiño dende Psique e Gaia.