¿Ónde estamos?

¿Ónde estamos?
Podes atoparnos nas instalacións de TodoSaúde Clínica Integral, na Rúa do Campo 19, baixo, SIGÜEIRO - OROSO (A Coruña)
[a 13 kilómetros de Santiago, ctra. da Coruña]

¿Cómo contactar con nós?
Para pedir cita ou solicitar información podes chamar ó teléfono 646.677.948

Que é Psique e Gaia


Psique e Gaia é un centro de psicoloxía e crecemento persoal ó que podes acudir se buscas unha mellora na túa calidade de vida, atoparte como persoa, acadar o teu lugar no mundo ou superar as dificultades que a vida te plantexa. Aquí serás atendid@ por unha psicóloga, quen evaluará a necesidade ou non de tratamento, e o modo mais axeitado de levalo a cabo.


Ás veces atopámonos en momentos de inflexión nos que precisamos que alguén nos axude a avanzar e/ou a superar algunha condición de vida ou experiencia que nos causa sufrimento persoal. Neste punto da vida, Psique e Gaia te ofrece a oportunidade de probar novos camiños, novas estratexias, que a outros lles serviron para atopar o camiño de volta á vida plena.