Hoxe é o día no que nos lembramos dos nosos pais.... Esas persoas sen as que a nosa existencia non tería sido posible..... Esas persoas que nos deron o 50% do que somos..... Esas persoas que, ainda coas suas cargas, posibilitaron a nosa presencia neste mundo.....
Aproveito a ocasión para honrar ó meu pai, ó igual que á miña nai. Ambos son os mellores pais para min e ambos o fixeron do mellor xeito posible. Porque eu son quen son gracias ó que meus pais me deron.
Honrar ós nosos pais (e ós nosos ancestros) é ó primeiro paso para un camiño de aceptación plena do que hai, do que somos, do que sucedeu.... así coma tamén para poder vivir a nosa vida con plenitude.
Gracias papá.
"Psique e Gaia. Gabinete de Psicoloxía" nace no ano 2009, na vila de Sigüeiro, para cubrir as necesidades no ámbito da psicoloxía que existían na área de influencia do concello Orosán. Dende entón, son xa moitos os veciños que teñen pasado pola nosa casa, facendo uso do que mellor sabemos facer: axudar ás persoas a atopar un camiño de saída.
¿Ónde estamos?
¿Ónde estamos?
Podes atoparnos nas instalacións de TodoSaúde Clínica Integral, na Rúa do Campo 19, baixo, SIGÜEIRO - OROSO (A Coruña)
[a 13 kilómetros de Santiago, ctra. da Coruña]
¿Cómo contactar con nós?
Para pedir cita ou solicitar información podes chamar ó teléfono 646.677.948
lunes, 19 de marzo de 2012
O Día do Pai
Etiquetas:
constelacións familiares,
día do pai,
honrar ós pais
lunes, 16 de mayo de 2011
Mañá é o Dia das Letras Galegas.
Esta celebración comezou en 1963 coa fin de homenaxear a aqueles que destacasen en Galicia pola súa produción literaria en galego así como polo seu defensa do noso idioma .
Cada ano adícase a unha personalidade diferente, e como único requisito que esixe a Real Academia Galega é que pasasen polo menos dez anos dende o seu falecemento. Este ano adícase a Lois Pereiro.
Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e falecido na Coruña o 24 de maio de 1996,1 foi un escritor e poeta español en lingua galega. No ano 2011 dedicáselle o Día das Letras Galega.
Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos.
Tras estudar Ciencias Políticas e Sociología en Madrid decide pasar unha tempada de novo en Monforte de Lemos e de aquí volverá a Madrid para estudar idiomas, fundando alí a revista Loia con Antón Patiño, Manuel Rivas e co seu irmán Jose Luís Pereiro.
Anos despues, xa na Coruña únese á revista A Naval, e participa en varias antoloxías como son: De amor e desamor (1984), De amor e desamor II (1985), e colabora tambien noutras revistas como son Trilateral, Anima + e Luces de Galicia.
En Luces de Galicia publicaría Lois o seu oito capítulos da súa novela curta Naufragos do Paraiso.
Traballou como tradutor de idiomas e de dobraxe de cinema
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal dá infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
Respecto das causas da morte de Pereiro, a pesar de padecer sida, foron un cúmulo de enfermidades que terminaron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e de acordo cunha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, tras un preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo da súa morte foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado
Obra:
- Poemas 1981/1991 (1992)
- Poesía última de amor e enfermidade (1995)
- Poemas para unha Loia (1997)
- Conversa ultramarina (2010)
- Náufragos do Paradiso (2011)
- Antoloxía (2011)
- Modesta proposición e outros ensaios (2011)
- Obra poética completa (2011)
- Obra completa (edición bilingüe) (2011)
Etiquetas:
Letras Galegas 2011,
Lois Sánchez Pereiro
sábado, 7 de mayo de 2011
CANTAR E XOGAR
CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical que propón utilizar as cancións de sempre e o movemento para estimular a imaxinación, a fant
asía, a psicomotricidade, o mundo afectivo e as relacións sociais, e ó mesmo tempo permitir ós adultos achegarse ós nenos, reir e desfrutar das cancións da súa infancia
Cantar e Xogar de xeito divertido e visualmente impactante, permite ós nenos e nenas educar o oido, desevolver o sentido rítmico, a voz, o movemento, o xesto e a expresión corporal, incrementando a confianza en si mesmos, a autoestima e o benestar persoal.
Etiquetas:
CantaJuego,
Grupo Encanto,
proxecto pedagóxico-musical
viernes, 6 de mayo de 2011
¡ESTAMOS EN FESTAS!

Hoxe comeza a Festa da Troita en Sigüeiro. É unha boa oportunidade para desfrutar en familia das posibilidades que nos oferta Sigüeiro na súa festa mais querida. Esperamos que todos o disfrutedes.
Un saudiño dende Psique e Gaia.
Etiquetas:
Festa da Troita 2011,
Sigüeiro,
XV Festa da Troita
martes, 29 de marzo de 2011
DIRECCIÓN DEFINITIVA
Na búsqueda constante por mellorar e por atopar o espazo mais adecuado para levar a cabo as actividades que ofertamos ós nosos clientes, atopámonos coa necesidade de cambiar as nosas inatalacións de dirección. Agora podes atoparnos en: Praza de Alexandre Bóveda 3, 1ºA [antes coñecida como Praza de Chinto, enriba da cafetería "O Xardín"]. Poderás atoparnos nesta dirección a partires do día 1 de Abril. Esperamos que o cambio sexa do voso agrado e rogamos disculpedes as molestias.
martes, 27 de julio de 2010
Cambio de Dirección
Informamos do cambio de dirección do noso centro. Agora atopámonos en: Avenida da Grabanxa 17, baixo 2. Compartindo local co Grupo AGM, especializados en axuda a domicilio, limpeza xeral, canguraxe....
Esperamos que este cambio sexa do agrado dos nosos clientes e amigos.
Un saudiño da dirección.
sábado, 10 de abril de 2010
EPÍLOGO DE LAS SEMILLAS DE CRISTO: EL DIOS DE TODOS
Etiquetas:
Jose Antonio Campaña,
sintonizaciones
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

